O venres 17 de marzo Marcos e Manuel mostraron as súas dotes artísticas coa guitarra e a batería dentro dos "Concertos didácticos do Cabada" que imos a realizar neste trimestre.
Febreiro de 2017, comenza o blog da aula de música. Espero que teña unha longa vida e sexa de moito probeito!!!
Aquí tedes a vosa actuación na Festival de Nadal!! Moi ben rapaces e rapazas!!! Eljen a Magyar.
"STOMP"
Stomp é un grupo de percusión do Reino Unido que emprega o corpo e obxectos cotiás como instrumentos de percusión. O grupo foi creado no ano 1991 por Luke Cresswell, John McAuley e Steve McNicholas. Vasoiras, colectores de lixo, caixa de mistos,... calquera obxecto lles serve a estes artístas para facer ritmos acompañados coa danza, a música e a mímica. Podedes comprobalo no seguinte enlace.